martes, 17 de mayo de 2011

A FALA - LOIS PEREIRO

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que deberia ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.


Imagen de Elia fuentes: "O Fermoso das espiñas" - Ela di: "A consciencia do perigo. O deixarse ver e mirar. A valentía de ser un mesmo".

16 comentarios:

TORO SALVAJE dijo...

Creo que lo he entendido casi todo.
Me gusta.

Besos.

Concha López Fernández dijo...

A fala, o primeiro que se aprende, o que primeiro se escoita, o que máis grabado queda na memoria.
Teño que recoñecer que lin pouco de Lois Pereiro, pero sinto unha cercanía ás súas palabras que ás veces me deixa sen fala.

Un saúdo agarimoso e galego.

Montserrat Llagostera Vilaró dijo...

Me ha encantado leerte en gallago.

Poco a poco voy entendiendo el portugués que es muy parecido.

Biquiños, Montserrat

Taty Cascada dijo...

Utilicé el traductor, pero se pierde la esencia.
Un beso.

Caminante dijo...

Qué bello leerte en tu propia lengua y qué extraño que se me hace! Me sigue pareciendo un idioma dulce, entrañable, qué quieres, sigue trayéndome muchos recuerdos.

Manel Aljama dijo...

Tremendo. Eu non sabia que este poeta e graças a sua contribuçao agora sei um pouco máis


"iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia."


beijos

Aldabra dijo...

pues hasta que empecé a ver a Lois en los carteles conmemorativos de las letras galegas, jamás había oído hablar de él pero nunca es tarde.

biquiños,

Marisa dijo...

Foi curta a súa vida
pero lonxe chegou
o seu nome.

Lembro a poesía de Lois Pereiro:

Cal morto xa
ou vencido
falo sen min
e durmo
no desastre

Debera ser posible
facer mapas do odio
e os húmidos monólogos
das cisternas
de noite
descigrar.

Lois Pereiro
(Cartografía)

Gracias por traelo
o teu espacio.

Unha aperta

Balteu dijo...

É unha satisfacción moi grande ver os poemas dos poetas galegos nos blogs e eu alédome moito de ler a Lois no teu.

Angel dijo...

Fonsi, que me castigar por ter que por tanto tempo esquecido, eu non teño perdón, e moito máis con estes textos tan fermosa na súa Galiza natal. Hoxe, ollo pola miña ventá. Bicos do su

Susi DelaTorre dijo...

O fixo moi bén...

Encantoume a imaxe, xunto có comentario " ela dí..."

Unha aperta, Fonsilleda!

RosaMaría dijo...

Una maravilla de poesía, dolorosa pero tierna a la vez. Besos. La foto preciosa.

Ricardo Miñana dijo...

Pasaba a saludarte y desearte
tengas una buena semana.
un abrazo.

Manuel dijo...

Un saludo muy afectuoso, Ana.
Bicos.

Alma Mateos Taborda dijo...

Bella, intensa y nostalgiosa poesía. Maravillosa. Un abrazo.

Manel Aljama dijo...

Tenho saudade de ti e de tuas palavras...