jueves, 15 de mayo de 2014

A FALA (17 de maio)

Este ano, despois de moitos meses de preguiza, cando chega o día 17, o "Das Letras Galegas", que é tamén o da miña nacenza, desexo deixar o meu pequerrecho homenaxe a dous enormes poetas da lingua: Rosalía Castro e mais Curros Enríquez, con unha poesía que coñezo de fai tempo, que sei de memoria e que amais amo e me gusta moito.



"A ROSALÍA",
Curros Enríquez.

Do mar pola orela

mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡Que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño que rece por min!.

A musa dos pobos

que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu.
Os ósos son dela, 
que vades gardar.
¡Ai dos que levan na fronte unha estrela!
¡Ai dos que levan no bico un cantar!.



Imaxe da miña filla Elia Fuentes, nunha, calquera, das nosas  fermosas praias.

6 comentarios:

Eusebio Freire dijo...

Pois tamén, despois de un tempo de preguiza sen sequera asomarme ao teu blog, hoxe achegueime por aquí e vin a túa entrada, gustoume moito e ata me deu vergoña, porque ti honraches este día de boa maneira e eu nin boa nin ma, non se me esqueceu pero non fun quen de poñer ren no meu blog, así de que, graciñas por facelo ti e permitirme lelo.

Bicos.

Concha L. F. dijo...

E non quero pensar nas probiñas das tolas agochadas na sombra do anonimato imposto...

RosaMaría dijo...

Una hermosa poesía y un justo homenaje. Besos

Pilar Montory dijo...

Oí de Rosalía hace muchos años, luego conseguí un libro de poemas de ella y después conocí su Galicia.
Hermoso volver a saber de ella y hermoso leerte a ti también

Abrazos mil

Juan Antonio Torron Castro dijo...

Buenas Fiestas y Muy Feliz Año 2015

Saludos afectuosos.-

auroraines dijo...

Bello homenaje, la inmensidad de las letras gallegas y el mar.
Bicos